Inicio
Filosofía
Equipo
Contacto
Coñécenos
Devolvemos rendabilidade social e económica

Somos unha empresa creada no ano 2012 que traballa no ámbito da economía social e que enmarca a súa área de actuación dentro dos novos xacementos ou filóns de emprego definidos polo ex-presidente da Comisión Europea Jaques Delors no seu Libro Branco sobre crecemento, creatividade e emprego.

A nosa actividade relaciónase cos Servicios Culturais e de Ocio, especialmente centrados nos ámbitos do Turismo, Patrimonio e o Desenvolvemento local. Servizos dirixidos a un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións, ata outras empresas, entidades privadas ou particulares.

Atendendo ás tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial ofrecemos un amplo catálogo de servizos, que abarcan dende a Xestión básica (Investigación e Protección) ata a Xestión aplicada (Difusión). Para esto contamos con convenios de colaboración cun amplo número de profesionais, empresas e institucións que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos adaptado ás necesidades de cada cliente.

A nosa Filosofía
Estamos comprometidos coa nosa contorna

A nosa misión é a de innovar e desenvolver novos xeitos de aproveitamento do rico e abondoso patrimonio galego, buscando sempre un desenvolvemento perdurable que consiga harmonizar ó ser humano cos seus recursos, de modo que estes sexan un valor do pasado, un activo do presente e unha garantía de cara ó futuro.

Para conseguilo, mediante a aplicación da metodoloxía da cadea valorativa, pretendemos abarcar tódolos ámbitos de actuación aceptados na xestión patrimonial: investigar, protexer e especialmente difundir. Se ben os dous primeiros son inherentes á propia actuación sobre este tipo de bens, así establecido na lexislación tanto autonómica como estatal (LPHE 1985, LPCG 1995), o terceiro eixo fica desolado no panorama actual. Unha situación nociva xa que o mal estado do ámbito da difusión e o recoñecemento social pode paralizar e deteriorar as engrenaxes anteriores. Afectando en última instancia a propia conservación da riqueza patrimonial galega.

Esta filosofía de traballo é a que diferencia a Xeitura doutro tipo de empresas. Porque Xeitura é unha Sociedade CooperActiva.

Protección
Difusión
Investigación
O noso Equipo
Martiño X. Vázquez Mato
Arqueólogo e Investigador
Responsable dos servizos de Xestión básica, Formación aplicada e Ourense Experience
Ourensán de nacemento (22/12/1983), aínda que con fortes vínculos familiares e profesionais nas terras de Allariz e na Baixa Limia galega. Dende neno gostei do noso patrimonio pola profesión dos meus pais. Cursei a licenciatura en Historia pola Universidade de Vigo entre os anos 2002-2007.

Nos derradeiros anos de carreira comecei a miña relación profesional coa arqueoloxía que aínda segue a quitarme o sono. Dende o ano 2007, xa integrado no grupo de investigación do Lab. de Arqueoloxía da Universidade de Vigo achegueime ó mundo da investigación do noso Patrimonio Cultural ...
Manuel Gallego Alves
Historiador
Responsable dos servizos de Turismo Cultural: Experimenta Allariz
Nacín (10/07/1983) nunha pequena aldea de Allariz, na que a toponimia (Enfestela) e a súa situación en plena verea romana marcaron o destino para que, chegado o momento de escoller, decantárame por formarme en Historia (2002-2007 na Universidade de Vigo) e non por outros campos dos que tamén gostaba como o deporte ou a informática.

O meu primeiro contrato laboral foi como peón de arqueoloxía nun lugar fantástico: Aqvis Qverqvennis. Un xacemento sito nun territorio co que me vinculan lazos familiares de avós portugueses, adicados no seu tempo ao estraperlo e afincados dende os anos 60 nun lugar tamén con moita historia, Santa Comba de Bande ...
Begoña Garrido Labrador
Historiadora
Responsable da Área de Didáctica: Sopanen@s
(6/12/1977) Meus avós contáronme dende ben pequena moitas lendas que espertaron en min ese desexo de querer saber máis do pasado. San Pedro de Rocas, moi próximo a miña aldea, era un deses lugares máxicos que me levaron a estudar historia (1999-2005 na Universidade de Vigo). Quería ser arqueóloga e descubrir esqueletos, castelos e cidades soterradas como a famosa Antioquía da que me falaba o meu avó.

Tentando cubrir ese soño de nena pasei a maioría dos meus veráns de carreira en escavacións arqueolóxicas como as de Toralla, Ampurias, Mérida, Teruel, Santomé e o Museo Arqueolóxico de Ourense...
Contacta con Nós

Traballamos dende Magma Espacio, o primeiro centro de traballo cooperativo de Ourense. Un novo espazo social no que compartimos ideas, proxectos e sinerxias cun grande grupo de profesionais cos que formamos unha comunidade ao servicio da cidadanía. Dende este ámbito actuamos para toda Galicia con posibilidade de intervención en territorios anexos.

A nosa área de actuación prioritaria é o medio rural, propoñendo para este novas actividades económicas sostibles arredor do Patrimonio Cultural que xeren valor engadido e repercutan na propia poboación local, freando o despoboamento e a emigración á cidade derivado dun modelo económico tradicional de crecemento perpetuo.

Vías de Contacto
mailcontacto@xeitura.com
phone651 017 416 - 686 800 543 - 650 057 011
homeR./Bedoya Nº 27 Baixo - 32005 OURENSE
skypexeitura.patrimonio  
  (De luns a venres de 9 a 14)
hangoutsHangouts  [Chamar] (De luns a venres de 9 a 14)
Arqueoloxía

Avalados por unha grande traxectoria no mundo da investigación arqueolóxica e cunha ampla experiencia profesional, e en colaboración coa empresa Bilurico Medio Ambiente, presentamos SOLVENTA. Un servizo combinado e multidisciplinar que permite ofrecer solucións integrais en arqueoloxía e medio ambiente cubrindo por completo todos os apartados da xestión básica do patrimonio.

SOLVENTA representa un novo modelo de traballo onde a fusión de servizos empresariais e a unión de activos permite acrecentar a sinerxía e optimizar a eficiencia cuns presupostos e prazos adaptados sempre ás necesidades do cliente.

Xeitura dispón dos seguintes servicios neste ámbito:

  • Control arqueolóxico dos movementos de terra. Seguimento de obras.
  • Delimitación e localización de xacementos arqueolóxicos.
  • Escavacións, sondaxes valorativas e prospeccións.
  • Informes, inventarios e catálogos.
  • Estudos previos a proxectos de actuación arqueolóxica.
  • Clasificación e catalogación de materiais, planimetrías (CAD, GIS, CDR).
  • Asistencia técnica e servizos auxiliares a empresas de arqueoloxía.
  • Avaliacións de impacto.
  • Proxectos de investigación e posta en valor.

Solicita orzamento sen compromiso: Contacta con nós

Traballos Realizados
Sondaxes arqueolóxicas valorativas previas ao proxecto de execución do Balneario de Partovia
Lugar:
Caldas de Partovia, O Carballiño (Ourense)
Duración:
01/10/2013 - 10/10/2013
Director:
Martiño Xosé Vázquez Mato
Promotor:
Garriga e Hijos S.L.
Código Id.:
ED 102A 2013/333-O
Tipo de Int.:
Preventiva

Por mor da interese do promotor GARRIGA E HIJOS S.L. de executar obras, en primeira instancia de ampliación e actualmente de reforma integral, no coñecido balneario de Caldas de Partovia (GA32019REF-1), na parroquia de Santiago de Partovia (O Carballiño, Ourense), sito na zona de respecto-cautela arqueolóxica do xacemento romano GA32019007 e inmediato á denominada Calzada (GA32019010), ambos presentes no catálogo interno xacementos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural actualizado no verán de 2004 pola arqueóloga Nieves Amado Rolán; foinos requirida a realización de sondaxes arqueolóxicas valorativas previas ante a posibilidade da aparición de restos arqueolóxicos no subsolo afectados pola construción proxectada.

Resultados: Despois da realización de 13 sondaxes que afectaron a un total de 40 metros cadrados non foron localizados restos arqueolóxicos relevantes. Todo o material detectado correspondía a contextos contemporáneos ligados coa construcción ou usos do balneario moderno.

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación da vivenda unifamiliar en Augas Santas
Lugar:
Allariz (Ourense)
Duración:
12/07/2012 - 26/11/2012
Director:
Martiño Xosé Vázquez Mato
Promotor:
Particular
Código Id.:
ED 102A 2012/068-O
Tipo de Int.:
Preventiva

Por mor das obras de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar previstas no lugar de Augas Santas, na parroquia de Santa Mariña (Allariz, Ourense), sita a 100 metros lineais da basílica declarada Monumento Histórico-Artístico polo Decreto 03/06/1971 publicado pola Gaceta de Madrid o 04/06/1971 e actualmente declarada Ben de Interese Cultural (BIC), así como por ficar inserida en solo de núcleo rural consolidado (asentamento tradicional), dentro da área de delimitada no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Allariz aprobado o 09/04/2003 e que prevé a redacción dun futuro Plan Especial do Casco Histórico de Santa Mariña de Augas Santas; foinos requirido un control arqueolóxico das obras ante a posibilidade da aparición de restos arqueolóxicos (artigo 2.a do Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia).

Resultados: Non foron localizados restos arqueolóxicos relevantes nin no desmonte dos muros nin nas obras de movemento de terras no exterior. Todo o materil detectado correspondía a contextos contemporáneos ligados coa ocupación da vivenda.

Investigación e Docum.

Calquera intervención sobre o patrimonio debe ir precedida e acompañada sempre dunha profunda labor de estudio e documentación sobre o mesmo, xa que logo o fin último debe ser a xeración de información de calidade previa a súa socialización. En Xeitura somos conscientes desta necesidade, polo que combinamos a nosa actividade empresarial con esa outra faceta investigadora, procurando xerar sempre valor engadido nas nosas actuacións.

Parte do equipo procede directamente do ámbito académico e da investigación como integrante do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, polo que contamos cun amplo número de colaboradores ligados a universidades ou a outros centros de investigación de referencia.

Os nosos servizos neste ámbito abranguen:

  • Edición de contidos para webs, publicacións, audiovisuais, exposicións...
  • Implementación de Sistemas de Información Xeográfica.
  • Apliación das TIG a estudios patrimoniais.
  • Identificación de recursos culturais e plans estratéxicos de dinamización.
  • Informes valorativos.
  • Servizos de topografía e cartografía aplicada.

Interpretación e Difusión

Queremos promover un novo modo de relacionarse co patrimonio ofertando servizos que, mediante a aplicación das técnicas da Interpretación Patrimonial, fomenten conexións intelectuais e emocionais cos recursos mellorando o seu recoñecemento social e polo tanto a súa conservación, infundindo actitudes de aprecio e custodia do territorio.

Os nosos servizos nesta área son:

  • Servizo permanente de guías-interpretes: visitas, acompañamento en ruta...
  • Deseño de itinerarios e material interpretativo: paneis, rótulos, libro-guías, folletos..
  • Deseño, execución e mantemento de rutas de sendeirismo. Asistencia técnica.
  • Edición de contidos para rutas de sendeirismo: mapas, tracks, web, roadbooks...
  • Organización de exposicións, eventos deportivos e culturais.

Programas en Marcha
Ourense Experience
Visitas, sendeirismo e rutas en bici para descubrir Ourense.

Unha plataforma dixital promovida en colaboración con Bilurico Medio Ambiente que propón actividades interpretativas e de lecer para achegar dun modo máis atractivo o rico patrimonio ourensán, poñendo en contacto a todos os axentes relacionados directa ou indirectamente co mesmo. De tal modo que teña un maior recoñecemento social, e polo tanto un maior grao de protección, ao tempo que contribúe a mellorar as economías locais.

Experimenta Allariz
Turismo de Experiencias na vila de Allariz.

Porque coñecer un lugar non é só visitalo. Coñecer un lugar é conectar coas súas xentes e paisaxes, aprender da súa sabedoría ancestral, soñar cos seus mitos, contos e lendas, trascender a nosa realidade e, en definitiva, vivir unha experiencia inesquecible.

Próximos Eventos
Para máis información de proximos eventos [Pica aquí]
Formación

Na actualidade, cando falamos de educación, non podemos pensar únicamente nun estadio de aprendizaxe dentro dos currícula oficiais. A educación ten que ser contemplada como o eixo central do desenvolvemento das persoas. O coñecemento e a formación téñense que adaptar constantemente para optimizar ese proceso de aprendizaxe, pero tamén para transmitir outros valores transversais que nos permitan mirar con outros ollos os nosos montes, cidades, vilas ou aldeas.

Con esta filosofía e concepción da educación xurde a nosa proposta educativa, combinando as técnicas da disciplina da interpretación patrimonial coas técnicas de aprendizaxe baseadas na educación formal e non formal. Promovendo actividades adapatadas para colectivos de infancia e xuventude que permitan reforzar o temario escolar oficial e estimular a curiosidade pola contorna máis próxima e ao mesmo tempo a menos valorada, pero tamén apostando por unha formación aplicada de calidade que mellore as aptitudes dos profesionais ligados co patrimonio de tal modo que todos, menores e adultos, sexamos garantes do seu coñecemento no presente pero tamén da súa conservación no futuro.

Contamos cos seguintes servizos no campo da formación:

- Área de Didáctica SOPANEN@S:

- Formación Aplicada:

  • Cursos de interpretación patrimonial.
  • Workshop aplicación TIG en patrimonio.
  • Organización de congresos, cursos, eventos...
Formación 1 Formación 2 Formación 3 Formación 4
Arqueoloxía
Ver
Consulta a nosa ampla oferta de Servizos en Arqueoloxía:
  • Control e Seguimento de Obras
  • Informes
  • Inventarios e Catalogacións
  • Asistencia Técnica
Investigación e
Documentación
Ver
Estamos especializados na implementación de Sistemas de Información Xeográfica e na identificación de recursos culturais.

¿Tés un proxecto e non sabes como polo en marcha? Bótalle unha ollada ós nosos servizos.
Interpretación e
Difusión
Ver
Queremos promover un novo modo de relacionarse co patrimonio.

Tanto se queres participar nunha das nosas moitas actividades como se queres que deseñemos algún evento específico este é o lugar no que procurar.
Formación
Ver
Organizamos todo tipo de actividades formativas vencelladas directamente có patrimonio, tanto en contextos de educación formal como específica ou non formal.

Xuntos ensinamos e tamén xuntos aprendemos.